16 Sep

Ribeira Sacra

Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra integra un conxunto de vinte municipios pertencentes ao sur da provincia de Lugo e ao norte de Ourense, no interior de Galicia. O seu elemento aglutinador é o curso fluvial dos ríos Miño, Sil e Cabe, que discorren cara á súa confluencia a través de gargantas ou canóns de forte verticalidade, configurando así unha paisaxe única e unha terra singular. Froito deste legado son as terras do Sil e do Miño, cun valioso patrimonio de mosteiros – que irradiaron arte, cultura e progreso material a toda Galicia. De aí o nome Ribeira Sacra (Rivoyra Sacrata), do que existe constancia escrita desde o século XII; ao longo dela atopamos cenobios como o de San Estevo de Ribas de Sil(hoxe Parador), Santa Cristina, San Pedro de Rocas, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo, Ferreira de Pantón, igrexas como as de San Paio de Diomondi, San Miguel de Eiré,…-. Neste territorio atopamos tamén dólmenes e medorras prehistóricos que evidencian un poboamento temperán, continuado con importantes pegadas de presenza romana. Os espectaculares miradoiros sobre o Canón do Sil son visita obrigada para admirar a monumentalidade da paisaxe. Nas ribeiras soleadas os viñedos descenden en socalcos ata cerca do río mentres que unha vexetación de carballos, castaños e bidueiros complementa desde a outra beira a riqueza cromática do panorama; a particularidade e dificultade desta orografía permite que na Ribeira Sacra se fale de Viticultura Heroica. Continuar leyendo »

22 Jul

Unha paixón, cinco tradicións

Rutas dos viños de Galicia

Rutas dos viños de Galicia

Mergúllate no mundo do viño e coñece Galicia a través dos seus aromas, cores e sabores. Aquí pódese gozar dunhas contornas únicas mentres se combina o pracer co coñecemento dunha tradición milenaria como esta, que ten en Galicia cinco denominacións de orixe: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras; cinco territorios que abren hoxe as súas portas para ofrecerche o mellor da terra. O sector enolóxico de Galicia é hoxe en día unha mestura de cultura, calidade, innovación e creatividade, que conta cun recoñecemento a nivel internacional. Conseguiu capitalizar o seu progreso a través dos Consellos Reguladores, estable- cendo unha continuidade dos procesos tradicionais que lle deron sona aos seus viños, agora mellorados pola combinación de prácticas respectuosas co medio e por unha crecente responsabilidade coa cultura da calidade. Nas nosas Rutas dos Viños de Galicia podemos facer un percorrido por algúns dos mellores viños do mundo. Continuar leyendo »

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados