3 Aug

VI Feira do Viño de Monterrei
Dende os cumes que separan Galicia de Castela e León, ao sueste da provincia de Ourense, e seguindo cara ao interior a Autoestrada das Rías Baixas A-52, penetramos na Ruta do Viño de Monterrei, a primeira ruta galega que atoparemos entrando dende terras castelás. Rodeamos o maxestoso Macizo Central ourensán polas vías principais de entrada a Galicia dende Castela e León, onde os invernos tinxen de branco os montes, e os últimos tellados de lousa anuncian que entramos en terras galegas. A Denominación de Orixe de Monterrei comprende 400 hectáreas de viñedos que aparecen estruturadas en dúas subzonas perfectamente delimitadas pola súa orografía: o val de Monterrei e a ladeira de Monterrei. Os seus municipios, Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós, reúnen na actualidade a un total de 330 viticultores e 25 adegas inscritas na devandita D.O. Alí, o noso viaxeiro atopará adegas que coroan espec- taculares miradoiros na montaña e adegas aos pés do val. Continuar leyendo »
22 Jul

Rutas dos viños de Galicia
Mergúllate no mundo do viño e coñece Galicia a través dos seus aromas, cores e sabores. Aquí pódese gozar dunhas contornas únicas mentres se combina o pracer co coñecemento dunha tradición milenaria como esta, que ten en Galicia cinco denominacións de orixe: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras; cinco territorios que abren hoxe as súas portas para ofrecerche o mellor da terra. O sector enolóxico de Galicia é hoxe en día unha mestura de cultura, calidade, innovación e creatividade, que conta cun recoñecemento a nivel internacional. Conseguiu capitalizar o seu progreso a través dos Consellos Reguladores, estable- cendo unha continuidade dos procesos tradicionais que lle deron sona aos seus viños, agora mellorados pola combinación de prácticas respectuosas co medio e por unha crecente responsabilidade coa cultura da calidade. Nas nosas Rutas dos Viños de Galicia podemos facer un percorrido por algúns dos mellores viños do mundo. Continuar leyendo »