18 Nov

Balneario de Lobios

Balneario de Lobios

Balneario de Lobios

LOBIOS CALDARIA 

Riocaldo s/n.
32870 Lobios, Ourense
Tel: 988 01 00 50.
Fax: 988 01 00 55
reservas@caldaria.es
www.caldaria.es

Numero de cuartos: 85

Este balneario de decoración minimalista abriu as súas portas en xuño de 2002 no lugar de Río Caldo, enmarcado por unha das áreas de maior valor ecolóxico de Galicia: o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Como testemuñan os xacementos próximos ao campamento de Porto Quintela (Bande), as augas da zona xa foron utilizadas polos romanos e, inspirado nas técnicas que eles empregaban, destaca como produto estrela da casa o circuíto Termarium, a perdición de todo hedonista que de tal se gabe. A súa situación dentro do Parque Natural permite realizar fantásticas camiñadas por infinidade de rutas, e a súa proximidade á fronteira con Portugal, a apenas seis quilómetros, regala alicientes como facer unha escapada ao país veciño, así como a Celanova ou Santa Comba de Bande. E para os nenos, as actividades con monitores que se organizan todas as fins de semana e nas épocas de maior ocupación.  Continuar leyendo »

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados