Balneario de Augas Santas
BALNEARIO AGUAS SANTAS H ****
Os Baños, s/n.
27430 Pantón, Lugo
Tel: 982 292 800. Fax: 982 456 303
recepcion@augassantas.es
www.augassantas.es
Numero de cuartos: 105
Aberto en xuño de 2006 nas proximidades dunha antiga casa de augas e a apenas oito quilómetros dos alicientes de Monforte de Lemos, este hotel de nova planta, edificado todo en pedra de cantería e illado en plena natureza, non só conta cun centenar de cuartos de moi bo gusto e dun campo de golf de dezaoito ocos, senón tamén cun balneario á última distribuído en dous andares ao longo e largo de 2000 m2. Decorado en relaxantes tons malva e verde menta, na súa planta baixa aparece unha gran piscina dinámica, con ata oito colos de cisne a distinta presión cos que masaxear as cervicais, tres fervenzas e catro camas de auga, dende a que saír nadando ao exterior franqueando a inmensa cristaleira que a enmarca e que o inunda todo de luz natural e de vistas a unhas paisaxes saturadas de verdor. Tanto esta piscina como os demais servizos do seu chamado circuíto acuático son de libre acceso para os hóspedes do hotel, que tamén poden aliñar a escapada termal cos tratamentos do balneario e, por suposto, cunha visita ás bodegas da Ribeira Sacra, unha ruta en catamarán polos canóns do Sil e infinidade de rutas sendeiristas ou culturais polos arredores.
CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS
Sulfuradas e bicarbonatadas sódicas, que emerxen a 16 oC.
INDICACIÓNS
Determinados procesos reumatolóxicos, dermatolóxicos, respiratorios, gástricos e de páncreas.
EQUIPAMENTO E TÉCNICAS
Circuíto acuático cunha piscina de hidroterapia e relax con chorros de hidromasaxe, co- los de cisne, fervenzas e piscina interior e exterior con circuíto contracorrente, jacuzzi panorámico, camas de osixenación, piscina de contraste e cadeiras quentes, ademais de distintos tipos de duchas –Vichy, linfodrenante, tres estacións, nebulizadas e escocesas–, bañeiras de hidromasaxe, burbullas e ozonoterapia, baño turco, sauna finlandesa e sau- na húmida, circuíto de pediluvio, gruta de xeo, ximnasio e distintos tipos de masaxes e tratamentos de estética facial e corporal; todo dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes externos.
PROGRAMAS
Antiestrés e benestar, Beleza e saúde, Relax termal e Paquete Golf.
ESPECIAL PARA NENOS
Catro cuartos familiares, obradoiros infantís e gardería en determinadas datas da temporada alta.
SERVIZOS
Acceso para discapacitados | Admite tarxetas de crédito Aire acondicionado nos cuartos | Aire acondicionado no salón comedor | Antena parabólica | Ascensor Bar-cafetería | Caixa forte individual | Calefacción indi- vidual | Custodia de valores | Garaxe | Golf | Cuartos con salón-suites | Minigolf | Minibar | Aparcadoiro | Piscina Piscina climatizada | Salón de convencións | Sauna Secador de pelo nos cuartos | Servizo médico | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | Televisión nos cuartos | Xardín terraza | Ximnasio | Acceso a Internet nos cuartos e no salón social | Fío musical nos cuartos





