11 Oct

Sistema fluvial Ulla-Deza

Muíños de Vento. Catoira

Muíños de Vento. Catoira

Situación – Concellos de Catoira, Ames, Brión, Rois, Boqueixón, Dodro, Padrón, Rianxo, Teo, Touro e Vedra na provincia da Coruña. Concellos da Estrada, Pontecesures, Silleda, Valga e Vila de Cruces na provincia de Pontevedra.

Superficie – 1.633 ha.

Acceso – Acceso á desembocadura desde Padrón a Catoira. Treitos medios, desde A Ponte Ulla ou A Bandeira na N-525. Na Bandeira, desvío cara a Merza pola PO-204 para a fervenza do Toxa.

Servizos – Aloxamento: Si. Comer: Si.

Outros espazos naturais relacionados / próximos – LIC “Brañas de Xestoso”

Corazón de auga

Desde o nacemento na comarca luguesa da Ulloa ata a desembocadura na ría de Arousa, o río Ulla percorre uns 130 quilómetros. Por lonxitude é o terceiro río galego, tras o Miño e Sil, e serve completamente de límite provincial entre A Coruña e Pontevedra. Por ambas as beiras recibe as achegas de múltiples afluentes que forman unha extensa rede fluvial no centro de Galicia. Pola dereita, o río de Santiago de Compostela, o Sar cantado por Rosalía de Castro. Pola esquerda, o Deza que dá nome a unha das comarcas de forte tradición gandeira máis puxantes da comunidade.

A paisaxe amósase, daquela, moldeada pola actividade humana tradicional. Terra de camiños entre prados e os grandes pazos como o de Oca (A Estrada) ou o de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), con xoias vexetais nos respectivos xardíns. Por iso mesmo un bo lugar para observar as ribeiras fluviais son as numerosas pontes cargadas de significados históricos.

Con todo, en ocasións a natureza do río reclama a súa bravura en fervenzas de altos voos. A máis soada é a do río Toxa, tributario do Deza, polos seus 25 metros de caída. Fermosos sendeiros conducen ata o cadoiro e comunícano coa contorna do mosteiro de Carboeiro que é outro dos atractivos da zona.


View Larger Map

12 Dec

Romaría Vikinga

Romaría Vikinga

Romaría Vikinga

Romaría Vikinga
Festa declarada de Interese Turístico Internacional    

Catoira (Pontevedra)

Coas Torres de Oeste, lugar que foi asentamento romano e cos vestixios das torres medievais, que foron custodia dos accesos polo río Ulla a Jacobsland, como lle chamaban os nórdicos á cidade do Apóstolo. Aquí, entre as lembranzas daquela historia, cada primeiro domingo de agosto escenifícase a lembranza das invasións: os “drakkars” vikingos arriban… aturuxos, brandir de espadas dos cornudos e grosos rubios nórdicos… os “cristiáns” non poden resistir… escaramuzas, fume e finalmente un confraternal convite, a esencia da romaría, entre actores e espectadores, mesturados con gaiteiros. Mentres, os fogos de artificio resoan en toda a ría de Arousa. Continuar leyendo »

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados