Balneario de Compostela
BALNEARIO DE COMPOSTELA
Estrada Santiago-Noia, km 8.
Os Ánxeles 15280 Brión, A Coruña Tel: 981 559 000. Fax: 981 884 817
hotel@hbcompostela.com
www.hbcompostela.com
Numero de cuartos: 59
Aínda que a súa elegante decoración, a tecnoloxía implantada tanto nos seus cuartos coma na súa área termal, e ata o seu cheiro a novo insistan en recordarnos que este hotel-balneario, situado nunha área residencial de Santiago, abriu as súas portas a finais do 2004, o certo é que as xentes da zona aínda se refiren a el coma a Burga do Tremo, custodia do histórico manancial de Nosa Señora dos Ánxeles ao que aínda acoden hoxe moitos a encher algunha garrafa. Do vello balneario apenas queda un carballo centenario no xardín do hotel, as vellas casas de pedra nas que antano se aloxaban os auguistas, e que aínda se poden ver nos seus arredores e, por suposto, as súas augas fortemente mineralizadas; porque todo o demais neste establecemento, levantado xunto á estrada que liga Santiago con Noia, é rotundamente novo. E aínda que iso xa se intúe así que se pon un pé na súa ampla recepción, faise máis evidente ao acceder aos seus 2000 m2 de impecables instalacións termais, repartidas por dúas plantas e divididas na Zona de Tratamentos e o Club Termal, inundado de luz natural e cun toque de deseño. A estes servizos, que combinan o aspecto lúdico co máis terapéutico do termalismo, súmase un completísimo ximnasio cunha morea de clases con monitor, e mesmo gratuítas, para os hóspedes. Todo iso fai deste balneario unha opción moi a ter en conta por quen soñe con gozar duns días nos que coidarse ou poñerse en forma sen renunciar aos alicientes culturais e de lecer que brinda unha cidade coma Santiago, a dez minutos en coche. Continuar leyendo »



