Balneario de Arnoia
ARNOIA CALDARIA
R/Vila Termal, 1.
32417 Arnoia, Ourense
Tel: 988 492 400.
Fax: 988 492 422
reservas@caldaria.es
www.caldaria.es
Numero de cuartos: 50
Entre montes, viñedos e carballeiras, e á carreiriña dun can da xudería de Ribadavia, en Arnoia destaca, sobre todo, a súa gran piscina exterior, unha atalaia que se levanta sobre esta agreste revolta da comarca do Ribeiro e que se complementa coas piscinas interiores do balneario, termais e con chorros subacuáticos que masaxean todo o corpo, así coma con outros praceres entre os que figura o seu circuíto Termarium. O balneario, inaugurado en 1995, foi sufrindo dende entón pequenas reformas, tanto na súa zona termal coma na súa parte hoteleira; a última, terminada en febreiro de 2006. Arnoia foi un dos pioneiros en combinar o aspecto terapéutico tradicional dos balnearios coa súa máis recente vocación lúdica. Así, mentres a súa contorna ofrece relaxantes paseos para quen busca acougo, os que queren algo máis de actividade poden practicar alí mesmo tenis, baloncesto, fútbol sala, rutas en bicicleta ou actividades náuticas no Miño e no Arnoia, entre as que destacan os paseos en catamarán. E, cando o tempo acompaña, tamén se poden tomar unhas copas á beira do río no pavillón xunto ao embarcadoiro. Ata os nenos teñen o seu parque infantil, e ás horas nas que non poden entrar no balneario, contan nas épocas de maior afluencia con actividades especiais con monitores para que os seus pais se poidan relaxar. Todos os servizos do bal- neario están tamén a disposición dos hóspedes da Abadía de Arnoia, un antigo priorado reconvertido nun delicioso hoteliño con encanto situado á volta da esquina do balneario e pertencente á mesma propiedade. Continuar leyendo »



