21
Sep

GR 65 – O Camiño de Santiago

GR 65

GR 65

ACCESOS - O Cebreiro é un fermosísimo núcleo rural, importante etapa no Camiño de Santiago, situado na estrada LU-633 no límite entre Galicia e a provincia de León.

LONXITUDE -  157 km.

PUNTO PARTIDA / CHEGADA - O Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro) / Santiago de Compostela.

PERCORRIDO - O Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e Santiago de Compostela.

DIFICULTADE - Media. Percorrido moi longo.

DURACIÓN - 50 horas. Cinco xornadas superiores a 30 km.

CONEXIÓNS - Co GR 94.

MATERIAL - Este percorrido faise xeralmente dunha soa vez, por razóns que trans- cenden ao propio sendeiro. Aconséllase levar unha mochila completa, aínda que é fácil o aprovisiona- mento ao longo do camiño.

SERVIZOS - En todos os núcleos de poboación por onde pasa o sendeiro. Albergues da Xunta de Galicia en: O Cebreiro, Hospital da Condesa, Triacastela, Calvor, Sarria, Barbadelo, Ferreiros, Portomarín, Gonzar, Ventas de Narón, Ligonde, Palas de Rei, Mato Casanova, Melide, Ribadiso, Arzúa, Sta. Irene, Arca, Monte do Gozo.

ACCESO EN BICICLETA - Apto totalmente.

ACCESO A CABALO - Apto totalmente.

A peregrinación é un acto cunha dimensión esen- cialmente vivencial e relixiosa. Pero hoxe en día, o Camiño é unha rota aberta tanto a peregrinos como a camiñantes que veñen descubrir novos e atractivos elementos como son a arte, a cultura e o contacto con pobos e costumes.

O Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo catalogado en 1987 polo Consello de Europa e Patrimonio Mundial da Humanidade declarado pola UNESCO en 1998, é unha viaxe de iniciación que conduce ao corazón de Galicia a través de escenarios que nos retraen á Europa medieval. A pé, en bicicleta ou a cabalo, estaremos percorrendo un sendeiro trazado pola pegada dos homes ao longo da Historia e un dos camiños máis percorridos pola Humanidade.

As variadas manifestacións monumentais son un completo deleite artístico: pallozas e conxunto monumental do Cebreiro, Mosteiro de Samos, núcleo antigo de Sarria, igrexa de Portomarín, templo románico de Vilar de Donas e cruceiro de Melide, son só algunhas da infinidade de xoias arquitectónicas que alcanzan o seu punto máximo no núcleo histórico de Santiago de Compostela.

Para ganar o Xubileu non é necesario facer o Ca- miño. Basta con visitar a Catedral calquera Ano Santo (cando o 25 de xullo coincida en domingo) e rezar algunha oración, ademais de confesarse e comungar calquera día comprendido entre os 15 anteriores e posteriores á visita.

A COMPOSTELA é a Certificación que lles concede a Catedral de Santiago a aquelas persoas que realizan a peregrinación por motivos relixiosos (sexa ou non Ano Santo). Para iso é necesario percorrer a pé, en bicicleta ou a cabalo unha parte do Camiño e acreditalo á chegada (100 km a pé ou a cabalo e 200 km en bicicleta).

CARTOGRAFÍA I.G.N. 1:25.000, No 94-IV Santiago de Compostela, 95-III San Marcos, 95-II O Pino, 95-IV Touro, 96-II Arzúa, 96-IV Palas de Rei. S.G.N. 1:50.000 No 97 Guntín, 123 Portomarín, 124 Sarria e 125 As Nogais.

MÁIS INFORMACIÓN - Teléfono de información do Xacobeo: 902 332 010

GR 65

GR 65

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Please type the characters of this captcha image in the input box

Please type the characters of this captcha image in the input box

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados