7
Oct

GR 94 – Rural de Galicia

GR 94

GR 94

ACCESOS - A Madroa é un dos famosos miradoiros de Vigo. En Santiago de Compostela iníciase no barrio de Conxo.

LONXITUDE - 126 km.

PUNTO PARTIDA / CHEGADA - A Madroa (Vigo) / Barrio de Conxo (Santiago de Compostela).

PERCORRIDO - Vigo, Soutomaior, Campo Lameiro, Cequeril, Luou e Santiago de Compostela.

DIFICULTADE - Alta. Percorrido moi longo por terreo accidentado. Recoméndase realizalo por etapas.

DURACIÓN - 36 horas.

CONEXIÓNS - Cos GR 53,58 e cos PR-G 20 e 29.

MATERIAL - Se se pensa facelo dun “tirón”, aconséllase levar abundante material de abrigo e comida suficiente.

SERVIZOS - En Vigo, Reondela, Soutomaior, Vilarchán, Xesteira, Sacos, Cimade- vila, Cequiril, Sebil, Cuntis, Portela, Vea, Luou e Solláns.



View Larger Map

O sendeiro GR 94, situado no sudoeste galaico, é unha vía que comunica o mar e a montaña en dirección Sur-Norte.

A rota en Vigo achégase a dous promontorios coñecidos polas súas vistas panorámicas: A Madroa sobre a Ría de Vigo e o Castro de Negros sobre o val do río Maceiras, Reondela e a enseada de S. Simón. O primeiro fito no camiño constitúeo o Castelo de Soutomaior, fortaleza medieval nun harmónico contorno.

Deixando atrás a igrexa de Rial e a ponte de Com- boa sobre o río Verduxo e tras un pequeno desvío, o camiño sorpréndenos coa ponte de Almofrei e o seu extraordinario emprazamento. Aquí, o río baixa formando profundas pozas nunha zona de rochas e grandes desniveis.

A arquitectura rural fai acto de presenza nos hórreos de Rascaderia, na antiga feira de Cuspedriños e no complexo igrexa-reitoral de Cequeril. As milenarias e simbólicas carballeiras achegan a súa beleza á senda en San Xusto. Os petróglifos son testemuño dun pasado afastado que o camiñante deberá localizar en Paredes.

Esta rota tamén podería coñecerse como “Sendeiro das Pontes” polos numerosos ríos que atravesa. Habería que destacar a ponte romana do Lé- rez, dun só ollo, alto e esvelto e, nun estilo totalmente diferente, a ponte colgante do couto salmoneiro e área recreativa do Xirimbao, á beiras do río Ulla.

Un plus…

Os petróglifos consisten en gravados rupestres ao aire libre realizados durante a idade de bronce. Estas orixinais manifestacións da plástica primitiva en Galicia teñen maior presenza na provincia de Pontevedra. Entre os motivos xeométricos máis repetidos encóntranse cazoletas, combinacións circulares, labirintos, espirais, etc. Tamén aparecen diferentes tipos de armas, así como figuras antropomorfas e zoomorfas (cervos, cabalos e serpes).

CARTOGRAFÍA I.G.N. 1:25.000
No 94-IV Santiago de Compostela, 120-II Extramundi de Abaixo, 120-IV Padrón, 152-II Caldas de Reis, 152-IV Cutián, 153-I Codeseda, 153-III Cerdedo, 185-II Pontevedra, 185-IV Soutomaior, 186-I Cotobade, 223-II Redondela e 223-IV Mos.

MÁIS INFORMACIÓN
Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia
Rúa Brasil, 46. 36204 Vigo Tel.: 986 420 551 / Fax: 986 420 557
e-mail: info@trevinca.net

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Please type the characters of this captcha image in the input box

Please type the characters of this captcha image in the input box

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados