22
Jul

Unha paixón, cinco tradicións

Rutas dos viños de Galicia

Rutas dos viños de Galicia

Mergúllate no mundo do viño e coñece Galicia a través dos seus aromas, cores e sabores. Aquí pódese gozar dunhas contornas únicas mentres se combina o pracer co coñecemento dunha tradición milenaria como esta, que ten en Galicia cinco denominacións de orixe: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras; cinco territorios que abren hoxe as súas portas para ofrecerche o mellor da terra. O sector enolóxico de Galicia é hoxe en día unha mestura de cultura, calidade, innovación e creatividade, que conta cun recoñecemento a nivel internacional. Conseguiu capitalizar o seu progreso a través dos Consellos Reguladores, estable- cendo unha continuidade dos procesos tradicionais que lle deron sona aos seus viños, agora mellorados pola combinación de prácticas respectuosas co medio e por unha crecente responsabilidade coa cultura da calidade. Nas nosas Rutas dos Viños de Galicia podemos facer un percorrido por algúns dos mellores viños do mundo.

Descobre como se fabrican os viños galegos da man dos mellores guías, os seus adegueiros. Un mundo de sempre que hoxe revela os seus segredos mellor gardados da man dos seus protagonistas.

Déixate seducir pola variedade e cromatismo das paisaxes; territorios con sabor, nos que a cultura do viño toma formas propias. Un mundo de vales e de montañas dominadas polos bancais; de sons monacais que nos transportan a un mundo medieval; de viñedos con sabor a mar e viñedos de fronteira; de viños criados nas entrañas da terra nai; pequenos viñedos en fermosas paisaxes sucadas por grandes ríos.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Please type the characters of this captcha image in the input box

Please type the characters of this captcha image in the input box

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados