19 Oct

PR-G1 Galiñeiro

PR-G1 Galiñeiro

PR-G1 Galiñeiro

ACCESOS - Pola estrada de Vigo a Gondomar e na encrucillada coa estrada que vén do Porriño, deterse na Pasaxe.

LONXITUDE - 8,6 km. A rota principal ten 8,2 km e a derivación 0,4 km de ida e volta.

PUNTO PARTIDA / CHEGADA -  A Pasaxe.

MATERIAL - É fácil conseguir auga nas numerosas fontes do percorrido.

SERVIZOS - Refuxio Miguel Regueira de Club Montañeiros Celtas. Bares ao comezo e final do percorrido.

PERCORRIDO - A Pasaxe, Galiñeiro, presa de Zamáns e A Pasaxe.

DIFICULTADE - Media

DURACIÓN - 3 horas.

CONEXIÓNS – Cos GR 53, 58 e co PR-G 2

7 Oct

GR 94 – Rural de Galicia

GR 94

GR 94

ACCESOS - A Madroa é un dos famosos miradoiros de Vigo. En Santiago de Compostela iníciase no barrio de Conxo.

LONXITUDE - 126 km.

PUNTO PARTIDA / CHEGADA - A Madroa (Vigo) / Barrio de Conxo (Santiago de Compostela).

PERCORRIDO - Vigo, Soutomaior, Campo Lameiro, Cequeril, Luou e Santiago de Compostela.

DIFICULTADE - Alta. Percorrido moi longo por terreo accidentado. Recoméndase realizalo por etapas.

DURACIÓN - 36 horas.

CONEXIÓNS - Cos GR 53,58 e cos PR-G 20 e 29.

MATERIAL - Se se pensa facelo dun “tirón”, aconséllase levar abundante material de abrigo e comida suficiente.

SERVIZOS - En Vigo, Reondela, Soutomaior, Vilarchán, Xesteira, Sacos, Cimade- vila, Cequiril, Sebil, Cuntis, Portela, Vea, Luou e Solláns.

Continuar leyendo »

21 Sep

GR 65 – O Camiño de Santiago

GR 65

GR 65

ACCESOS - O Cebreiro é un fermosísimo núcleo rural, importante etapa no Camiño de Santiago, situado na estrada LU-633 no límite entre Galicia e a provincia de León.

LONXITUDE -  157 km.

PUNTO PARTIDA / CHEGADA - O Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro) / Santiago de Compostela.

PERCORRIDO - O Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e Santiago de Compostela.

DIFICULTADE - Media. Percorrido moi longo.

DURACIÓN - 50 horas. Cinco xornadas superiores a 30 km.

CONEXIÓNS - Co GR 94.

MATERIAL - Este percorrido faise xeralmente dunha soa vez, por razóns que trans- cenden ao propio sendeiro. Aconséllase levar unha mochila completa, aínda que é fácil o aprovisiona- mento ao longo do camiño.

SERVIZOS - En todos os núcleos de poboación por onde pasa o sendeiro. Albergues da Xunta de Galicia en: O Cebreiro, Hospital da Condesa, Triacastela, Calvor, Sarria, Barbadelo, Ferreiros, Portomarín, Gonzar, Ventas de Narón, Ligonde, Palas de Rei, Mato Casanova, Melide, Ribadiso, Arzúa, Sta. Irene, Arca, Monte do Gozo.

ACCESO EN BICICLETA - Apto totalmente.

ACCESO A CABALO - Apto totalmente. Continuar leyendo »

14 Sep

GR 58 Sendeiro das Greas

GR 58 Sendeiro das Greas

GR 58 Sendeiro das Greas

ACCESOS - Por autoestrada ata o aeroporto de Vigo ou numerosos accesos ao longo do percorrido.

LONXITUDE - 247 km, incluídas as variantes. O sendeiro principal ten 206 km e as variantes GR 58.1, 58.2, 58.3 e 58.4 esténdense por 0,9, 4,2, 20,4 e 15,5 km de lonxitude respectivamente.

PUNTO PARTIDA / CHEGADA - Vigo, nun punto próximo ao aero- porto e ao Recinto Feiral.

PERCORRIDO - Atravesa os termos municipais de Vigo, Reondela, Soutomaior, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mos, Ponteareas, O Porriño, Salceda de Caselas, O Porriño, Tui, O Porriño, Gondomar, Baiona, Nigrán e Vigo.

DIFICULTADE - Media. Dada a lonxitude do itinera- rio é necesario realizalo por etapas, cunha boa planificación dos accesos e tramos a realizar.

DURACIÓN - 70 horas.

CONEXIÓNS - Cos PR-G 1, 2, 5, 9, 26, 67 e cos GR 53 e 94.

MATERIAL - Se se pretende realizar tramos longos, recoméndase ir ben equipado: bo calzado, botas de montaña, mochila, roupa de abrigo, alimentos enerxéti- cos e, aínda que a auga é abundante ao longo do itinerario, a cantimplora sempre chea.

SERVIZOS - En numerosas poboacións próximas ao sendeiro.

O máis longo dos sendeiros de Gran Percorrido en Galicia discorre por todos os municipios da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Son moi numerosos os atractivos ambientais, atravesando paraxes de gran beleza onde non faltan bos exemplos de arquitectura popular como os muíños da Devesa, carballeira de Barragán, fraga e ribeiras de Couñago, foxo de lobos (antiga trampa para cazar estes animais), bosque das ribeiras do río Borbén, o río Zamáns e os muíños das Maquías, marismas do Miñor, a costa acantilada de Baiona, a fraga de Oliveira….Sen esquecerse de importantes construcións que axudan a interpretar a cultura destas terras, como o conxunto megalítico de Monte Penide e a mámoa do Rei, o castro de Chandebrito, o castelo de Soutomaior ou edificios de singular factura como os pazos de Pegullal, Aballe e Picoña, no municipio de Salceda de Caselas.

Os miradoiros desta rota descobren os mellores recunchos do sur da provincia de Pontevedra. Seguin- do o sentido das agullas do reloxo atopámonos coa enseada de San Simón, o canón do río Oitavén, o val do río Borbén, enseada de Baiona e a península de Monteferro coas illas Cíes como pano de fondo, pertencentes ao novo Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. As montañas manifestan a súa presenza nas serras do Suído, O Galiñeiro e A Groba como silen- ciosos vixilantes do camiño.

GR 58

GR 58

CARTOGRAFÍA I.G.N. 1:25.000

No 185-IV Soutomaior, 186-III Ponte- Caldelas, 223-II Redondela, 223-III Vigo, 223-IV Mos, 224-I Barcia de Mera, 260-II Baredo, 261-I Baiona, 261-II O Porriño, 261-III Cristelos e 261-IV Tui.

MÁIS INFORMACIÓN

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía da Hispanidade, 17. 36203 Vigo

Federación Galega de Montañismo Edificio das Federacións Deportivas Galegas Rúa Fotógrafo Luis Ksado, 17, of. 10. 36209 Vigo Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407

e-mail: info@fgmontanismo.com

www.fgmontanismo.com

 

 

22 Jul

Sendas para descubrir un país

Senderismo Galicia

Senderismo Galicia

Desde hai séculos, os camiñantes veñen conformando a Historia desta xeografía humanizada no occidente europeo. O Camiño de Santiago abriu unha porta ao coñecemento mutuo entre este verde territorio e o resto do mundo, un Camiño que chegou aos nosos días como o Primeiro Itinerario Europeo e un fermoso Patrimonio da Humanidade.

Pero Galicia ten moito máis que ofrecer e a súa particular orografía invita a descubrir toda a súa dimensión natural e histórica desde a visión tranquila e sosegada do camiñante. Continuar leyendo »

22 Jul

GR 53 – Panorámico de Vigo

Sendeiro GR 53 - Panorámico de Vigo

Este itinerario bordea os límites do municipio vigués pola súa verten- te montañosa, ofrecendo vistas sorprendentes sobre a cidade e a súa ría.

É un percorrido deseñado para achegar a xente desta grande urbe ao medio natural que se estende a poucos metros das súas casas. Localizáronse unha serie de parques forestais en parroquias do Concello de Vigo que, provistos de todo o necesario para o esparexemento e o descanso, determinan o masivo éxito deste sendeiro durante a fin de semana. Continuar leyendo »

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados