26 Oct

O Ribeiro

O Ribeiro

O Ribeiro

Ruta do Viño de O Ribeiro
Travesía do Ribeiro, 3 BJ
32400 Ribadavia. Ourense
Tel: +34 988 472 044
Fax: +34 988 472 240
www.rutadelvinoribeiro.com
info@rutadelvinoribeiro.com

Ribeiro está situado na parte máis occidental da provincia ourensá, na confluencia dos vales dos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño. É este enclave o que singulariza estas terras e confírenlle unha notable beleza paisaxística. O Ribeiro foi moi activo desde tempos antigos, proba diso é a existencia de vías romanas, restos de minas, lavadoiros de ouro, etc.; as primeiras citas documentais que a definen como rexión diferenciada datan do ano 928. Desde a Idade Media, esta terra e as súas xentes estiveron intimamente unidas ao cultivo da vide e á produción dos seus característicos viños, sendo a principal referencia vinícola dos reinos cristiáns desde o século IX ata o século XVII. Este territorio, considerado como un dos enclaves máis representativos da arquitectura galega, atesoura un patrimonio artístico magníficamente conservado. Nos seus pobos medievais pódense visitar castros, xuderías (Ribadavia, coa súa Festa da Istoria no mes de agosto), pazos (Pazos de Arenteiro), mosteiros e igrexas integrados á perfección coa paisaxe da auga e o viño. Continuar leyendo »

5 Oct

Rías Baixas

Rias Baixas

Rias Baixas

Ruta do Viño Rías Baixas
Paseo da Calzada s/n
36630 Cambados (Pontevedra)
Tel: 986 521 012 / 687 523 230
Fax: 986 090 335

www.rutadelvinoriasbaixas.com
info@rutadelvinoriasbaixas.com

Conta a tradición que o cultivo da vide en Rías Baixas débese aos monxes do mosteiro cisterciense de Armenteira (Meis), aínda que a ciencia revélanos que a viticultura xa existía moito antes da chegada dos monxes e que variedades como o Albariño son orixinarias desta zona. Hoxe en día as Rías Baixas acollen a maior Denominación de Orixe galega, tanto polo número de adegas como pola extensión en viñedos, os cales se estenden por 33 concellos da metade occidental de Galicia. Así, a Denominación de Orixe Rías Baixas está composta por 5 subzonas (O Rosal, Condado de Tea, Soutomaior, Val do Salnés e Ribeira do Ulla) que integran un territorio discontinúo que, desde o límite sur da provincia de Pontevedra, vai salpicando de viñedos a franxa atlántica de Galicia ata alcanzar a parte meridional da provincia da Coruña. Continuar leyendo »

16 Sep

Ribeira Sacra

Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra integra un conxunto de vinte municipios pertencentes ao sur da provincia de Lugo e ao norte de Ourense, no interior de Galicia. O seu elemento aglutinador é o curso fluvial dos ríos Miño, Sil e Cabe, que discorren cara á súa confluencia a través de gargantas ou canóns de forte verticalidade, configurando así unha paisaxe única e unha terra singular. Froito deste legado son as terras do Sil e do Miño, cun valioso patrimonio de mosteiros – que irradiaron arte, cultura e progreso material a toda Galicia. De aí o nome Ribeira Sacra (Rivoyra Sacrata), do que existe constancia escrita desde o século XII; ao longo dela atopamos cenobios como o de San Estevo de Ribas de Sil(hoxe Parador), Santa Cristina, San Pedro de Rocas, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo, Ferreira de Pantón, igrexas como as de San Paio de Diomondi, San Miguel de Eiré,…-. Neste territorio atopamos tamén dólmenes e medorras prehistóricos que evidencian un poboamento temperán, continuado con importantes pegadas de presenza romana. Os espectaculares miradoiros sobre o Canón do Sil son visita obrigada para admirar a monumentalidade da paisaxe. Nas ribeiras soleadas os viñedos descenden en socalcos ata cerca do río mentres que unha vexetación de carballos, castaños e bidueiros complementa desde a outra beira a riqueza cromática do panorama; a particularidade e dificultade desta orografía permite que na Ribeira Sacra se fale de Viticultura Heroica. Continuar leyendo »

31 Aug

Ruta do Viño Valdeorras

 

Valdeorras é a comarca máis oriental da provincia de Ourense, lindando xa con León. A riqueza dos recursos naturais e a fertilidade das súas terras converteron a Valdeorras en espazo de acollida de numerosos pobos ao longo da historia. Existen abundantes restos da época megalítica no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, ademais de trazos rupestres e os petróglifos de Valdegodos, Petín e San Esteban da Rúa Vella. A chegada dos romanos cambiou substancialmente o val, xa que trasladaron os núcleos poboacionais a zonas chairas e construíron unha das vías máis importantes da Península Ibérica, a Vía “XVIII” ou “Vía Nova” (de posterior utilización como Camiño Real ou Camiño de Inverno no Camiño de Santiago).

Pontes como a do río Bibei, lápidas como a da Rúa Vella, os mosaicos da Cigarrosa e miliarios, forman parte do legado imperial de Roma; aínda que a súa obra máis singular é o túnel de Montefurado, escavado co obxectivo de desviar o curso do río para extraer o ouro que este arrastraba e que actualmente constitúe un lugar de gran atractivo turístico que se pode contemplar a uns cantos metros desde a N-120. Posteriormente, xa no século XVII eríxese o espectacular Santuario das Ermidas rodeado de antigos socalcos de viñedo, que se converteu no máis importante lugar de culto da zona na actualidade. A comarca está composta por nove municipios: A Rúa, O Barco, Rubiá, Petín, O Bolo, Carballeda, Larouco, Vilamartin e A Veiga. Case todos dispoñen de explotacións vitivinícolas que dotan ao territorio dunha singularidade única. Continuar leyendo »

26 Aug

Paseando entre viñedos por Galicia

A vide e o viño forman parte da identidade histórica, cultural e ata paisaxística de Galicia, constituíndo o sector vitivinícola unha peza clave do complexo agroalimentario galego, que se articula fundamentalmente ao redor das cinco Denominacións de Orixe existentes: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras. Albariño, Godello, Mencía, Treixadura… son variedades de uvas que se suceden nos territorios. Sabores con denominación de orixe, viños de gran personalidade e modernos, aptos para todos os padais e para calquera ocasión. Invitámoslles a descubrir as suxestivas paisaxes da viticultura de Galicia, a maxia dun territorio envolvido en aromas e en cores que cambian con cada estación, a visitar adegas centenarias e outras de vangarda, a aloxarse en cálidos establecementos rurais, a degustar a gastronomía de cada zona maridada cos mellores viños… peche os ollos, soñe con Galicia, invitámoslle a pasear entre viñedos.

Programa operativo: Cooperación Transfronteiriza España-Portugal

O proxecto “Rutas do Viño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” está cofinanciado polo FEDER (Fondo Europeo de Desarrollo Regional) a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal. O obxectivo do proxecto é crear, capacitar e promocionar as “Rutas do Viño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” como instrumento público-privado de cooperación para mellorar a competitividade da industria vitivinícola e o desenvolvemento do enoturismo, así como valorizar a identidade cultural da Eurorrexión.

Unha ruta do viño é “un produto turístico organizado en torno ao eixo temático do viño e localizado nun territorio concreto identificado cunha denominación de orixe vitivinícola. As rutas inclúen recursos de interese enolóxico, cultural e paisaxístico, entre os que se poderán atopar, ademais de adegas, outros establecementos que presten servizos de restauración, hospedaxe, educativos e de ocio e lecer que, cumprindo os requisitos pertinentes, estean adheridos á dita ruta”. Polo tanto, son as pemes os beneficiarios finais deste proxecto.

As actuacións están estruturadas en torno a catro actividades:

- Diagnóstico e deseño do produto e da marca “Rutas do Viño”, que comprende dúas actuacións: a realización dun estudo de mercado sobre enoturismo e a elaboración do manual de produto “Rutas do Viño”.
- Creación e/ou consolidación de estruturas de cooperación público-privadas: constitución dun ente xestor en cada ruta, así como unha comisión de coordinación das rutas da Eurorrexión.
- Capacitación e desenvolvemento de produto, organizándose cursos de formación para o persoal técnico dos entes xestores e seminarios en cada D.O. dirixidos ás bodegas e outras pemes e entidades adheridas a cada ruta.
- Equipamento, promoción e internalización: promoción de marca, páxina web, actividades de promoción, sinalización, asistencia conxunta a feiras nacionais e internacionais.

A área xeográfica de intervención é a correspondente aos concellos incluídos nas cinco denominacións de orixe de Galicia (Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras) máis os da D.O. Vinhos Verdes, no norte de Portugal, participando así territorios vitivinícolas que teñen constituído recentemente o seu ente xestor (Rías Baixas, Ribeiro, D.O. Vinhos Verdes), con distinto grao de consolidación, con outros que aspiran a telo no período de execución do proxecto.

Co proxecto espérase mellorar a competitividade do viño como recurso estratéxico da economía de Galicia e o Norte de Portugal; mellorar a cooperación público-privada; a internacionalización das Pemes; incrementar o número de enoturistas; e contribuír á diversificación do medio rural.

Partenariado Transfronteirizo
Xefe de Fila: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Galicia)

Socio: Turgalicia (Galicia)

Socio: Concello de Ribadavia (Galicia)

Socio: Comisión de Viticultura de Regiao dos Vinhos Verdes (Portugal)

3 Aug

Ruta do Viño Monterrei

 

VI Feira do Viño de Monterrei

Dende os cumes que separan Galicia de Castela e León, ao sueste da provincia de Ourense, e seguindo cara ao interior a Autoestrada das Rías Baixas A-52, penetramos na Ruta do Viño de Monterrei, a primeira ruta galega que atoparemos entrando dende terras castelás. Rodeamos o maxestoso Macizo Central ourensán polas vías principais de entrada a Galicia dende Castela e León, onde os invernos tinxen de branco os montes, e os últimos tellados de lousa anuncian que entramos en terras galegas. A Denominación de Orixe de Monterrei comprende 400 hectáreas de viñedos que aparecen estruturadas en dúas subzonas perfectamente delimitadas pola súa orografía: o val de Monterrei e a ladeira de Monterrei. Os seus municipios, Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós, reúnen na actualidade a un total de 330 viticultores e 25 adegas inscritas na devandita D.O. Alí, o noso viaxeiro atopará adegas que coroan espec- taculares miradoiros na montaña e adegas aos pés do val. Continuar leyendo »

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados