10 Oct

Museo Estampa Contemporanea
FUNDACIÓN CIEC, CENTRO INTERNACIONAL DE LA ESTAMPA CONTEMPORÁNEA
Rúa do Castro, 2. 15300 Betanzos
T.: 981 772 964 F.: 981 774 367
e-mail: ciec@fundacionciec.com
web: www.fundacionciec.com
Obradoiros e colección de arte gráfica nas distintas técnicas, tanto tradicionais (gravado calcográfico, litografía, xilografía, serigrafía e as súas derivacións técnicas), como as últimas tecnoloxías aplicadas á estampa. Cursos monográficos en Semana Santa “Evolución Gráfica” e verán “Gráfica”. Máster sobre a obra gráfica. Cursos, obradoiros libres e estancias de traballo todo o ano. Museo da Estampa. Continuar leyendo »
3 Oct

Museo do Mel
MUSEO VIVENTE DO MEL. O ENREDO DO ABELLEIRO
Dombodán. Portodemouros. 15819 Arzúa
T. / F.: 981 508 072
e-mail: info@abelleiro.com
web: www.abelleiro.com
O museo do mel pretende achegar o visitante ó fascinante mundo das abellas, achegando unha visión da apicultura dos nosos antepasados, así como a diversidade de produtos e métodos da apicultura moderna. Situado nas proximidades do encoro de Portodemouros, o visitante gozará dunha marabillosa contorna, onde poderá encontrar os xardíns con plantas botánicas e melíferas, unha charca coa súa ponte, unha gaiola de paxaros e un formigueiro: todo isto rodeado das colmeas coas súas abellas. Organízanse charlas, cursos, seminarios, obradoiros, etc.
Prezo: 2 €.
Particularidades: Explicación Técnico: 10 € / Grupo. Obradoiro: 3 € / persoa. Técnico: 10 € / obradoiro.
Horario: Luns – Venres de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 h. Sábado, domingo e festivos de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 h. No verán pecha tódolos días ás 14:00 h pola mañá e as 20:00 h. pola tarde. Continuar leyendo »
19 Sep

Museo das Mariñas
MUSEO DAS MARIÑAS
Rúa Emilio Romay, 1. 15300 Betanzos
T. / F.: 981 771 946
e-mail: bibli1@alsernet.es
web: www.betanzos.net
O museo comparte instalacións coa biblioteca e o arquivo municipal no antigo Mosteiro de Santo Domingo. Mostra de pezas arqueolóxicas procedentes da comarca, así como varias seccións dedicadas á etnografía, ó traxe galego e ás táboas do apostolado da Escola de Rubens. Destaca a colección de tapices e encaixes, depósito da Fundación Jiménez Cossío. Prezo: 1,2 €. Continuar leyendo »
12 Sep

Casa das Abellas
CASA DAS ABELLAS
O Francés, s/n. 15318 Abegondo
T.: 981 589 534 / 630 069 635
F.: 981 589 534
e-mail: casadasabellas@corevia.com
web: www.apiculturagalega.org
Aula didáctica equipada con medios para a divulgación do mundo das abellas. Obradoiros de mel e cera con utensilios antigos e actuais propios destes labores. Parque temático exterior de 3.000 metros con colmeas de observación, apiarios antigos e modernos. Xardín de plantas melíferas, aromáticas e medicinais. Realízase tamén outra serie de actividades, conferencias, xornadas, exposicións temporais e obradoiros. Continuar leyendo »
22 Jul

Muralla Romana - Lugo
O interese de Roma por Galicia hai que relacionalo coas posibilidades mineiras da rexión.
Tras varias exploracións e unha guerra de conquista que durou cen anos, todo o noroeste peninsular pasou a se converter en parte da España romanizada no século primeiro da nosa era.
Xulio César e Octavio Augusto estiveron en Galicia, o primeiro nunha expedición naval que desde a actual A Coruña o levou a Inglaterra e, anos despois, Augusto para impoñer a “Pax Romana” neste territorio. Continuar leyendo »
22 Jul

Esgos - San Pedro de Rocas
Galicia, cunha campía húmida e xenerosa, prodigouse na formación de grupos de ermitáns e na creación de mosteiros, tras a caída do mundo romano. Foi o territorio ideal para a vida illada e recollida dos cenobios altomedievais. Das súas primeiras construcións chegaron a nós edificios que son auténticas xoias da arquitectura española prerrománica. Continuar leyendo »