7 Feb

Feria do Cocido, Lalín (Pontevedra)
Encrucillada de camiños. “País do Deza”, na parte central de Galicia, con inmensas e sombrías carballeiras. Núcleos fieis ás tradicións máis populares, mantidas arredor de campos de feira, de santuarios como o do Corpiño, de grandiosos pazos da nobreza. Temas que inspiraron a ilustres personaxes que proveñen desta comarca.
Así, cada domingo “Corredoiro”, (o anterior ao Domingo de Entroido), celébrase esta festa onde se homenaxea o porco, “rei do pote”, do que se aproveita todo no ambiente popular. Festa, mesas presididas por abundantes fontes do máis auténtico cocido galego e suma de tradicións musicais e atraccións. Continuar leyendo »
22 Jul

Marisco-Percebes
Cociña galega
A gastronomía é un dos principais atractivos de Galicia: a elevada calidade e variedade dos seus produtos autóctonos, a permanencia da tradición e a evolución respectuosa co pasado constitúen a base da cociña galega. Os produtos, tanto do campo como da cabana, e sobre todo do mar, teñen as súas propias peculiaridades, e cociñados de forma familiar e cariñosa, artesanal, pausada, abundante e variada deron orixe a unha gastronomía propia, moi recoñecida e ben valorada.
A importancia que a gastronomía ten para os galegos ponse de manifesto nas máis de 300 festas gastronómicas que se desenvolven ao longo do ano no territorio da comunidade autónoma. Estas exaltacións dos produtos da terra, que tanto interese suscitan entre os visitantes, teñen a súa orixe en celebracións locais ou comarcais nas que se conmemoran tradicións do lugar, reunións de amigos, ou se celebran coincidindo coas colleitas ou festas relixiosas, como as romaxes, nas que o cumprimento da promesa ao Santo se completa cunha comida tradicional. Continuar leyendo »
22 Jul

Festa do viño Albariño, Cambados - Pontevedra.
AS FESTAS GASTRONÓMICAS
“A cociña cristiá de Occidente non ten despensa de tanta amplitude como a que ofrece Galiza”
ÁLVARO CUNQUEIRO
A gastronomía é un dos principais recursos turísticos de Galicia: a elevada calidade e variedade dos produtos autóctonos é a base da diversidade de manxares que se confeccionan e dos artigos que se serven. Os produtos, tanto do campo coma da cabana e, sobre todo, do mar, teñen as súas propias peculiaridades e, aínda que hoxe penetraran do exterior, segue sendo a calidade do autóctono a principal característica da cociña galega. Ademais, non debemos esquecer que un dos piares do prestixio da nosa cociña foi a gran profesionalidade dos mestres dos fogóns, que realizan o seu labor non só en Galicia, senón que se atopan en calquera lugar do mundo. Continuar leyendo »