25 Nov

Festival Internacional do Mundo Celta

Festival Internacional do Mundo Celta, Ortigueira (A Coruña)

Festival Internacional do Mundo Celta, Ortigueira (A Coruña)

Situada entre os sorprendentes Cabo Ortegal e Estaca de Bares, na caída da Serra da Capelada, da Coriscada e da Faladoira, camiños do santuario de Santo André de Teixido. Espazos de gran valor xeolóxico e onde o mar entra suavemente creando unha ría labiríntica.

Este espazo, de inmellorables praias, entre vestixios arqueolóxicos e tradicións de forte raíz céltica, a terceira fin de semana de xullo, é lugar de acampada e de solidariedade co céltico. Especialmente no musical e nas súas ramas de tradición e de contemporaneidade. Os mellores grupos musicais do occidente atlántico danse cita en Ortigueira.

 


View Larger Map

16 Nov

San Benitiño de Lérez

San Benitiño de Lérez, Pontevedra

San Benitiño de Lérez, Pontevedra

Cada 11 de xullo celébrase aquí, nos arrabaldes de Pontevedra, a concorrida romaría do “santo máis milagreiro”, tal como difunden os cantares populares. San Bieito é un dos santos máis venerados de Galicia, culto que se remonta á mesma Alta Idade Media e que se espalla coa orde do Císter que ten en Galicia importantes mosteiros. Santo ao que acoden os devotos coa intención de curaren algún mal, especialmente as verrugas.

Lérez é antigo mosteiro benedictino, santuario erguido nas ribeiras do río Lérez, onde se venera a pequena imaxe do santo. Os devotos pasan por baixo do seu altar e untan un dedo na lámpada de aceite que din “milagreiro”.  Continuar leyendo »

7 Nov

A Rapa das Bestas de Candaoso

A Rapa das Bestas de Candaoso

A Rapa das Bestas de Candaoso

Santo André de Boimente. Viveiro (Lugo)    

Montes desde os que se albisca a badía ou a ría que forma o Landro e máis ao fondo a Illa Coelleira e Estaca de Bares. Aquí, na madrugada do primeiro domingo de xullo e despois de almorzar as tradicionais sopas de allo, os xinetes inician a recollida dos cabalos salvaxes para reducilos no curro onde se marcan, rapan e domestican nunha pintoresca loita. Continúa a festa ata que a noite cae sobre os montes.  Continuar leyendo »

28 Oct

“A Rapa das Bestas”

“A Rapa das Bestas”

“A Rapa das Bestas”

San Lourenzo de Sabucedo. A Estrada (Pontevedra) 

A primeira fin de semana de xullo. Terra de Montes, con vestixios arqueolóxicos, especialmente petroglifos, gravados en pedra desde a prehistoria e que representan espirais, símbolos astrais, animais e escenas de doma e de caza, coma as que podemos ver no veciño municipio de Campo Lameiro. Campos abertos polos que se moven os rabaños de cabalos e de vacas salvaxes. Lugares propicios para a caza e a pesca. Todo o que ten relación coa ancestral festa da Rapa das Bestas, onde o curro é o centro de atracción nesa auténtica loita pola domesticación do cabalo, dese símbolo da velocidade, do sol e da vida que se dicía “fecundado polo vento”.

Continuar leyendo »

18 Oct

Fogueiras de San Xoán

Hogueras de San Juan, A Coruña

Fogueiras de San Xoán, A Coruña

A noite do 23 ao 24 de xuño reúne as esencias ancestrais da considerada “Galicia máxica”, cando o sentimento animista dos galegos se vencella con máis forza á súa natureza. Miles de fogueiras na praia de Riazor, en cada un dos barrios da cidade do faro romano de Hércules, congregan ao seu redor grupos de amigos, familias que danzan e participan nun banquete no que non faltan as sardiñas asadas e as patacas cocidas ou os cachelos.  Continuar leyendo »

7 Sep

Feira-exposición de exaltación do Viño do Ribeiro

feira-exposicion-de-exaltacion-de-Vino-de-O-Ribeiro-Ribadavia

Ribadavia (Ourense)

 

Festa variable, especialmente celebrada nos primeiros días de maio, nese espazo no que alternan sólidos casais da nobreza con igrexas de pintorescas torres e casas humildes de viñateiros. Ribadavia reúne todas as esencias dos ribeiros e, en especial, do Ribeiro de Avia, dese río que pasa entre os socalcos nos que maduran os acios de uvas de Pazos de Arenteiro, Leiro e Beade, para unirse ao Miño en Ribadavia.

Cidade que creceu arredor do castelo dos Sarmiento, coa súa xudería con adegas antigas, de frescura, con algo de santuario pagán e auténticos ateneos populares. Continuar leyendo »

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados