7 Feb

Feria do Cocido, Lalín (Pontevedra)

Feria del Cocido, Lalín (Pontevedra)

Feria do Cocido, Lalín (Pontevedra)

Encrucillada de camiños. “País do Deza”, na parte central de Galicia, con inmensas e sombrías carballeiras. Núcleos fieis ás tradicións máis populares, mantidas arredor de campos de feira, de santuarios como o do Corpiño, de grandiosos pazos da nobreza. Temas que inspiraron a ilustres personaxes que proveñen desta comarca.

Así, cada domingo “Corredoiro”, (o anterior ao Domingo de Entroido), celébrase esta festa onde se homenaxea o porco, “rei do pote”, do que se aproveita todo no ambiente popular. Festa, mesas presididas por abundantes fontes do máis auténtico cocido galego e suma de tradicións musicais e atraccións.  Continuar leyendo »

30 Dec

Festas Patronais de San Lourenzo

Festas Patronais de San Lourenzo

Festas Patronais de San Lourenzo

Foz (Lugo) 

Vila da Mariña lucense, con activo porto. A súa historia está vinculada a San Martiño de Mondoñedo, antiga sede episcopal da diócese mindoniense, ao “Bispo Santo” e ao Mariscal Pardo de Cela, personaxes históricos que aparecen envoltos en fantásticas lendas. Terra de innumerables romarías populares, centradas o 10 de agosto nas Festas Patronais de San Lourenzo. Días nos que acoden múltiples atraccións, grupos folclóricos e prestixiosas orquestras que animan as rúas. Os fogos artificiais acuáticos concentran a atención na noite e súmanse a esas tradicións do lume tan típicas en Galicia.  Continuar leyendo »

26 Dec

Festa do Viño Albariño

Festa do Viño Albariño

Festa do Viño Albariño

“Fidalgo e soñador”, Cambados mira a ría de Arousa, formada polo río Ulla e a desembocadura do Umia que crea a Comarca do Salnés. Ría de sorprendentes solpores. Terras poetizadas por Ramón Cabanillas, paisaxe caracterizada por eses emparrados altos nos que maduran as uvas do albariño ou de espadeiro, viños tan celebrados.

Grandes e pétreos pazos, que tiveron a súa orixe en torres, abren as súas solainas a auténticos paraísos. Premia Cambados os seus viños o primeiro domingo de agosto, nunha minuciosa cata que reúne a expertos gastrónomos. É tempo de celebrar as excelencias do mar e da terra no mesmísimo corazón das Rías Baixas.


View Larger Map

21 Dec

Festa da Santa Cruz

Festa da Santa Cruz

Festa da Santa Cruz

Festa da Santa Cruz, Ribadeo (Lugo) 

Vila que é unha auténtica acrópole mirando ao Eo, nese paso entre Galicia e Asturias, núcleo no que se sente o paso do ilustrado marqués de Sargadelos e no que reina o Modernismo representado pola “Casa dos Moreno”.

O primeiro domingo de agosto faise obrigado subir “en romaría” ao Monte de Santa Cruz, observatorio da ría, bosque, espazo para unha singular festa enxebre onde a haxa e na que non faltan os produtos típicos e todas esas tradicións musicais ancestrais de gaita, de pandeiro e de tamboril á sombra do pétreo monumento ao gaiteiro, obra do escultor ourensán Faílde.

View Larger Map

12 Dec

Romaría Vikinga

Romaría Vikinga

Romaría Vikinga

Romaría Vikinga
Festa declarada de Interese Turístico Internacional    

Catoira (Pontevedra)

Coas Torres de Oeste, lugar que foi asentamento romano e cos vestixios das torres medievais, que foron custodia dos accesos polo río Ulla a Jacobsland, como lle chamaban os nórdicos á cidade do Apóstolo. Aquí, entre as lembranzas daquela historia, cada primeiro domingo de agosto escenifícase a lembranza das invasións: os “drakkars” vikingos arriban… aturuxos, brandir de espadas dos cornudos e grosos rubios nórdicos… os “cristiáns” non poden resistir… escaramuzas, fume e finalmente un confraternal convite, a esencia da romaría, entre actores e espectadores, mesturados con gaiteiros. Mentres, os fogos de artificio resoan en toda a ría de Arousa. Continuar leyendo »

2 Dec

Santiago Apóstolo

Santiago de Compostela (A Coruña)

Santiago de Compostela (A Coruña)

O vinte e cinco de xullo é a festa maior de Galicia, que ten como referencia do verán a Santiago de Compostela e á súa catedral. Aquí converxen antiquísimos camiños e tradicións que crean Europa. Toda festa ou romaría de Galicia é unha ancestral chamada a consolidar o grupo arredor de elementos sacros e profanos con forte simbolismo. Á media noite da véspera do “Día do Apóstolo”, no Obradoiro, ten lugar a sesión de fogos de artificio, coa tradicional queima da fachada do Obradoiro. Unha proba máis do culto ancestral aos coloristas fenómenos ígneos, guiados por pirotécnicos neste escenario de arte. A fantasía de luces, cores e creatividade potencia o barroquismo pétreo que caracteriza a histórica arquitectura compostelá. Continuar leyendo »

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados