27 Sep

HUSA Spa Vilalba

HUSA Spa Villalba

HUSA Spa Villalba

HUSA Spa Villalba H ****

Charca do Alligal, s/n. Santaballa
27830 Vilalba, Lugo
Tel: 982 515 000. Fax: 982240195
hotelspavillalba@husa.es
www.husa.es

Numero de cuartos: 42

En xullo do 2006 quedou inaugurado este espectacular hotel de deseño vangardista illado en plena natureza a uns oito quilómetros de Vilalba, en cuxos baixos propón un spa «á última» de máis de 2100 m2 que no futuro está previsto que sexa un balneario, xa que conta con poder servirse das augas mineromedicinais da chamada Charca do Alligal. O spa distribúese en dúas plantas ao redor dunha gran fonte central inundada pola luz natural que descende dende o teito, e a súa zona principal goza aínda de moita máis luz que lle chega a través das inmensas cristaleiras que rodean a piscina activa, con chorros, colos de cisne, jacuzzis e ata oito camas de burbullas nas que relaxar cada músculo, mentres o espírito se contaxia da paz que emanan os verdísimos campos que se divisan.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS

Club Termal con unha gran piscina termolúdica con río contracorrente, guéiseres, colos de cisne, camas de auga, hot tubs, asentos de burbullas, chorros subacuáticos e cúpula de nebulización, ademais de jacuzzi e sala de relaxación, e un Circuíto Termal con duchas aromatizadas, de sensacións, nebulizada, bitérmica, ducha con cromoterapia, ducha cubo, baño turco, terma romana, sauna finlandesa, gruta de xeo, mar morto, zona de relax, pediluvios, paseo de choiva e paseo de pedras quentes, ademais dun Club Termal infantil, ximnasio, unha área de estética e outra de tratamentos con bañeiras de hidromasaxe, chorro manual a presión, salas de envolvementos de algas, aceites esenciais e lodos, duchas Vichy e distintos tipos de masaxes. Todo iso dispoñible tanto para os hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS

Descanso Vilalba, Descanso Vilalba e beleza, Revitalización natural, Revitalización natural e beleza, Relax Vilalba entre semana, Grande antiestrés, Redutor e anticelulítico, Adelgazamento, Rexuvenecemento e beleza, Relaxación e multiaventura Terra Chá.

ESPECIAL PARA NENOS

O Club Termal infantil, para nenos de ata 8 anos, con piscina dotada de cogomelos máxicos, chorros saltareiros e bosque de choiva.


View Larger Map

SERVIZOS
Acceso discapacitados | Ascensor | Bar cafetería | Caja fuerte individual | Cuartos especialmente adaptados | Garaxe | Piscina | Piscina infantil | Sauna | Spa | Teléfono nos cuartos | Televisión nos cuartos | Xardín terraza

7 Aug

Gran Talaso Hotel Sanxenxo

Gran Talaso Hotel Sanxenxo

Gran Talaso Hotel Sanxenxo

Paseo Praia de Silgar, 3.
36960 Sanxenxo, Pontevedra
Tel: 986 72 79 74. Fax: 986 72 79 73
talaso@hotelsanxenxo.com
www.hotelsanxenxo.com

Numero de cuartos: 44

Por se este hotel esquinado no alto da praia de Silgar e con vistas a ela dende cada cuarto non tivese xa mar abondo, no verán do 2005 fixo entrar o Atlántico mesmo dentro das súas dependencias ao inaugurar o completo spa mariño do que hoxe gozan tanto os seus hóspedes como clientes non aloxados nel. Nun ambiente de deseño que encaixa co conxunto deste hotel que se acaba de reformar e ampliar, o seu Spa aparece presidido por unha piscina de auga de mar na que se pode simplemente nadar, continuada por outra piscina tamén salgada dotada de jacuzzi, contracorrente e camas de burbullas ou colos de cisne a distinta presión e chorros subacuáticos cos que ir masaxeando cada zona do corpo. Xunto a elas, o baño turco, a sauna finlandesa, a terma romana, o pozo de auga fría, as numerosas duchas de contrastes e esencias, o seu mar morto ou Flotarium e as hamacas e cadeiras térmicas nas que repousar. Todos eles integran un circuíto no que gozar durante unhas dúas horas, quedando anexa a zona máis tranquila destinada aos tratamentos de saúde e estética, na que o cliente está sempre acompañado por algún profesional e, ao terminar unha sesión, dispón dunha estilosísima zona de repouso na que agardar polo seguinte tratamento.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS

Piscina exterior, unha piscina interior de auga salgada para nadar e outra con chorros, jacuzzis, colos de cisne, camas de burbullas e circuíto contracorrente; mar morto ou Flotarium, sauna finlandesa, baño turco e terma romana, pozo de auga fría, ducha blue de pulverización fría, ducha jet, ducha bitérmica con esencias, ducha de cubo e ducha de sensacións; cadeiras térmicas, bañeiras de hidromasaxe, chorro, ducha circular, ducha Vichy, envolvementos en algas e lodos, presoterapia, ultratone, ximnasio e distintos tipos de masaxes e tratamentos de estética facial e corporal. Todo iso dispoñible tanto para os hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS

Relax, Relax e beleza, Relaxante e descontraturante, Antiestrés, Corporal e Redutor e anticelulítico, Rexuvenecemento e beleza.

ESPECIAL PARA NENOS

En temporada alta contan con gardería en determinadas horas e teñen horarios especiais para acceder ao centro de talasoterapia.


View Larger Map

SERVIZOS
Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Cambio de moeda | Discoteca | Garaxe de pagamento | Ximnasio | Internet | Minibar | Aparcadoiro praza discapacitados | Piscina | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Secador de pelo nos cuartos | Servizo de fax | Sitio céntrico | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos

26 Jul

Gran Hotel de Lugo

Gran Hotel de Lugo

Gran Hotel de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro, 21.
27002 Lugo
Tel: 982 22 41 52. Fax: 982 24 16 60
ghlugo@ghhoteles.es
www.gh-hoteles.com

Numero de cuartos: 167

O hotel por antonomasia da cidade, con case tres décadas ás súas costas aínda que totalmente renovado no 2005, incorporou ás súas instalacións en xaneiro do ano seguinte un completo spa de máis de 1500 m2 situado na entreplanta e revestido de madeira e paredes estucadas en cores vivas. Á súa infinidade de técnicas e programas orientados ao benestar, á relaxación e á estética, engadíuselle un Club Termal infantil no que os máis pequenos tamén poden divertirse na auga mentres os adultos se deixan coidar a poucos pasos. E todo iso a cinco minutos do casco histórico desta cidade milenaria e a 250 metros da súa muralla, declarada Patrimonio da Humanidade.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS

Club Termal cunha gran piscina termolúdica con río contracorrente, guéiseres, colos de cisne, camas de auga, hot tubs, cogomelo, camas de burbullas e chorros subacuáticos, e un Circuíto Termal con duchas de aromas, de sensacións, de contraste e circulares, baño turco, terma, sauna finlandesa, masaxe xabonosa, gruta de xeo, jacuzzi e zona de relax, ademais de ximnasio, un Club Termal Infantil e a zona de tratamentos, con bañeiras de hidromasaxe, chorro manual a presión, envolvementos de algas, aceites esenciais e lodos, duchas Vichy, raios UVA, presoterapia, ultratone e cabinas para distintos tipos de masaxe e tratamentos de estética facial e corporal. Todo iso dispoñible para hóspedes do hotel e clientes externos.

PROGRAMAS

Descanso de luxo, Descanso de luxo e beleza, Escapada Relax, Descontraturante e relaxante, Antiestrés, Redutor e anticelulítico, Rexuvenecemento e beleza.

ESPECIAL PARA NENOS

Un Club Termal infantil para nenos de ata 7 anos anexo á zona de adultos.

View Larger Map

SERVIZOS
Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Cambio de moeda | Garaxe de pagamento | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salón-suites | Internet nos cuartos | Xardín terraza | Minibar | Páxina web | Aparcadoiro de superficie | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións Secador de pelo nos cuartos | Servizo de fax | Servizo de cuartos 24 h. | Servizo médico | Sitio céntrico | Teléfono nos cuartos | Tendas | TV nos cuartos | Vídeo DVD nos cuartos

17 Jul

Galatea

Galatea

Galatea

Lugar de Paxariñas s/n.
36970 Sanxenxo, Pontevedra
Tel: 986 727 027. Fax: 986 727 833
hotelocagalatea@ocahotels.com
www.ocahotels.com

Numero de cuartos: 86

O spa deste hotel, a 250 metros da praia de Paxariñas e a apenas un paseo en coche dende Sanxenxo, Portonovo, Cambados e a Illa da Toxa, ou praias tan espectaculares coma A Lanzada, conta coa particularidade de que debe reservarse con antelación, xa que só se admiten quince persoas ao tempo para que unha maior aglomeración non impida gozar das súas instalacións. Estas, con plantas por todas as partes e moita luz natural, ademais de servizos máis convencionais, ofrecen técnicas de inspiración oriental coma as masaxes de reflexoloxía, a masaxe Tuina ou o chakra stone, ou tratamentos de estética nos que se combinan os principios activos dos produtos con técnicas de respiración, masaxe en puntos de díxitopuntura cos que relaxar o cliente e unha aplicación final de pedras de cuarzo nas zonas de tensión do rostro e o corpo. E, entre un servizo e outro, apenas uns minutos de espera na súa coqueta sala de repouso, con cadeiras de brazos de teka e o son constante dunha cortina de auga.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS
Piscina exterior e piscina interior climatizada con chorros cervicais e lumbares, colo de cisne e circuíto contracorrente; bañeiras de hidromasaxe e bañeira Niágara, baños con esencias ou con leite rexenerante, chorros, jacuzzi, baño de vapor con antesala e con- traste, sauna seca, envolvementos en algas, limos, derivados da uva e chocolate, solarium, ximnasio, fisioterapia, ultratone e dis- tintos tipos de masaxes e sesións de estética facial e corporal; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS
Relax, Beleza e Especial Nature.

ESPECIAL PARA NENOS
Gardería, parque infantil e animación en determinadas temporadas.


View Larger Map

SERVIZOS
Acceso discapacitados | Actividades de lecer/animación | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Alugamento de bicicletas | Alugamento equipos au- diovisuais | Animación infantil | Antena parabólica | Área de xogos para nenos | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefac- ción central | Calefacción individual | Cambio de moeda | Discoteca | Garaxe de pago | Ximnasio | Gardería | Cuartos especialmente adaptados| Cuartos con salón-suites Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Pádel |Aparcadoiro praza discapacitados | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Spa | Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | Tradución simultánea | TV nos cuartos | WC accesible

 

3 Jul

Ego

Ego

Ego

EGO, H****

Praia de Area.
27850 Viveiro, Lugo
Tel: 982 560 987
Fax: 982 561 762
info@hotelego.com
www.hotelego.com 

Numero de cuartos: 46

Os que coñezan este hotel con tres décadas ás súas costas probablemente non o recoñezan tras a ampliación que se ultimou en xullo de 2006. As espectaculares vistas á ría de Viveiro, que asoman dende cada recuncho, son as mesmas de sempre, e ata os cuartos, aínda que reformados, non distan tanto de como eran outrora. Porén, os 18 cuartos do novo edificio anexo, as súas terrazas e salóns e, sobre todo, o spa incorporado nos seus baixos, convérteno nun establecemento á última. Todas as dependencias novas deste establecemento das proximidades de Viveiro mostran un deseño atrevido e acertadísimo. Envoltos por unha atmosfera de vangarda, os seus hóspedes poden acceder libremente a un pequeno spa e na súa piscina, con chorros subacuáticos e circuíto contracorrente, deixar que o corpo se relaxe mentres a mente fai o propio admirando as vistas ao mar que se poden ver do outro lado das cristaleiras mentres se está placidamente mergullado na piscina.

Continuar leyendo »

14 Jun

Carlos I

Carlos I

Carlos I

CARLOS I

R/Vigo, s/n.
36960 Sanxenxo, Pontevedra
Tel: 986 727 036. Fax: 986 721 108.
Correo electónico: hotelcarlosprimero@carlosprimero.com
www.carlosprimero.com

Numero de cuartos: 130

Unha recepción ampla e diáfana dános a benvida a este hotel inaugurado no ano 2000 con aires de deseño que impregnan os seus estilosos cuartos e, sobre todo, o seu spa. Este está inspirado nos baños romanos, nos que se pasaba pola fase de sudación no Tepidarium, a zona de aire quente do Laconium e a área de auga quente do Caldarium, antes de finalizar nas augas frías do Frigidarium. Tanto se se elixe este percorrido clásico como algún dos moitos outros programas de estética, benestar e relax que brinda o spa, ao finalizar cada sesión o cliente pode acomodarse nas súas cadeiras térmicas e relaxarse cun zume natural ou unha infusión servida alí mesmo. Este hotel-spa, situado a apenas 50 metros da praia de Silgar e a pouco máis do porto deportivo de Sanxenxo, conta con pistas de tenis e, nas proximidades, numerosas propostas de sendeirismo, deportes náuticos e golf, ademais do aliciente da próxima illa de Ons, que xunto con Sálvora e as Cíes integran o espléndido Parque Natural das Illas Atlánticas.

Continuar leyendo »

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados