14
Jun

Carlos I

Carlos I

Carlos I

CARLOS I

R/Vigo, s/n.
36960 Sanxenxo, Pontevedra
Tel: 986 727 036. Fax: 986 721 108.
Correo electónico: hotelcarlosprimero@carlosprimero.com
www.carlosprimero.com

Numero de cuartos: 130

Unha recepción ampla e diáfana dános a benvida a este hotel inaugurado no ano 2000 con aires de deseño que impregnan os seus estilosos cuartos e, sobre todo, o seu spa. Este está inspirado nos baños romanos, nos que se pasaba pola fase de sudación no Tepidarium, a zona de aire quente do Laconium e a área de auga quente do Caldarium, antes de finalizar nas augas frías do Frigidarium. Tanto se se elixe este percorrido clásico como algún dos moitos outros programas de estética, benestar e relax que brinda o spa, ao finalizar cada sesión o cliente pode acomodarse nas súas cadeiras térmicas e relaxarse cun zume natural ou unha infusión servida alí mesmo. Este hotel-spa, situado a apenas 50 metros da praia de Silgar e a pouco máis do porto deportivo de Sanxenxo, conta con pistas de tenis e, nas proximidades, numerosas propostas de sendeirismo, deportes náuticos e golf, ademais do aliciente da próxima illa de Ons, que xunto con Sálvora e as Cíes integran o espléndido Parque Natural das Illas Atlánticas.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS

Piscina climatizada cuberta con chorros subacuáticos e colos de cisne, piscina dinámica interior con jacuzzis, piscina de contraste frío/calor, bañeiras de hidromasaxe con aceites esenciais, sales ou lodos mariños; envolvementos en algas ou barros, chorro, ximnasio, sistema Photon, sauna seca con aromas e hammán con cromoterapia, ducha de aromas, cadeiras térmicas, raios UVA, distintos tipos de masaxes, presoterapia, ultratone e cabinas de estética facial e corporal; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS

Antiestrés, Cleopatra beleza, Golf, Home moderno, Ondas de benestar e Soños de Asia, ademais de diversos servizos de estética facial, corporal e circuítos termais.

ESPECIAL PARA NENOS

Canguro baixo petición e, en xullo e agosto, monitor para nenos de 6 a 12 anos cos que se realizan xogos, actividades, sesións na piscina, etc.


View Larger Map

SERVIZOS
Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascensor Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Espazo reservado fumadores | Garaxe de pago Ximnasio | Cuartos con salón-suites | Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar |Aparcadoiro praza discapacitados| Piscina | Piscina climatizada | Piscina infantil | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo de fax | Servizo de cuartos 24 h. | Servizo de secretaría | Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | Tradución simultánea | TV nos cuartos | WC accesible

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Please type the characters of this captcha image in the input box

Please type the characters of this captcha image in the input box

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados