21
Feb

Balneario Acuña

Balneario Acuña

Balneario Acuña

BALNEARIO ACUÑA 
R/Herrería, 2.
36650 Caldas de Reis
Pontevedra
Tel: 986 540 010. Fax: 986 540 055
www.relaistermal.com

 

Numero de cuartos: 21

Enmarcada xunto ao mostrador de recepción pódese ler unha crónica publicada en 1908 no Faro de Vigo que reza “El exministro Pedro Acuña recuperó la salud en los baños del manantial, que lleva su nombre, y construyó de su peculio en el año 1813 el primer cuerpo de una sólida edificación sobre la cual se levanta hoy el soberbio balneario-hotel”. Era a época na que este establecemento erixido xunto ao río Umia vivía os tempos dourados da balneoterapia; cando antes da guerra a xente ben se daba cita neles verán tras verán. O edificio do hotel, todo de pedra e con grandes salóns panelados en madeira, cos seus espellos e lámpadas e portóns de cristal biselado, recorda o esplendor daquela época. O balneario, reconstruído en 2001, devólvenos con todo á nosa, aínda que arredor del se conservan algunhas vellas bañeiras de mármore recicladas en testos que lle engaden verdor ao emparrado da entrada. Xunto á piscina termal do Xardín levántanse tamén 16 bungalós moi demandados no verán por familias con nenos. Tras cambiar de propietarios, está prevista a súa reforma integral para 2007: fachadas, cuartos e a planta nobre, así como a ampliación de cuartos e unha nova sala de baños que complete os tratamentos. 

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS - Cloruradas, fluoradas, silicatadas, bicarbonatadas, sódico-litínicas, azoadas, sulfuradas e radioactivas, que emerxen a 39 C.

INDICACIÓNS - Reumatismos e afeccións de vías respiratorias e psiconerviosas.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS - Piscina termal exterior, baños termais, baños de burbullas, masaxes, chorros,aerosois, inhalacións simples e en chorros de vapor, ducha nasal, ducha escocesa, néboa, vaporizacións e paralama; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para cli- entes externos.

PROGRAMAS - O médico confecciónaos a medida, en función das características de cada persoa.

ESPECIAL PARA NENOS - Piscina infantil e zona de xogos.


View Larger Map

SERVIZOS
Admite tarxetas de crédito | Ascensor | Calefacción central Cuartos con salón-suites | Xardín terraza | Aparcadoiro de superficie | Piscina | Servizo médico | Sitio céntrico | Sitio pin- toresco | Teléfono nos cuartos

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Please type the characters of this captcha image in the input box

Please type the characters of this captcha image in the input box

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados