22
Jul

Acerca de

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia) é unha sociedade pública, constituída o día 22 de setembro de 1992, como instrumento primordial da política do turismo en Galicia, encargada de realizar unha adecuada promoción dos recursos turísticos da nosa Comunidade Autónoma.

Constitúe o obxecto da sociedade a realización das seguintes actividades:

a) A promoción da oferta turística de Galicia nos mercados nacionais e internacionais.

b) A coordinación, o impulso, a xestión e a execución das actividades de promoción turística interior e exterior.

c) O fomento e impulso das actividades de sector turístico para a promoción do turismo galego.

d) Os labores de información turística tanto a nivel nacional como internacional.

e) O establecemento de convenios e concertos con institucións públicas e privadas para a creación, coordinación e o desenvolvemento de accións encamiñadas á información e promoción turística interior e exterior.

f) Desenvolvemento e xestión de plans de calidade para aplicar en destinos e/ou establecementos turísticos.

g) Editar folletos, libros e producir vídeos promocionais ou material audiovisual.

h) Tódalas operacións que sexan preparatorias, auxiliares ou complementarias das mencionadas.

Así mesmo, será obxecto da sociedade a creación e funcionamento dunha central de reservas que atenda debidamente a demanda turística en Galicia, fundamentalmente no sector do turismo rural.

Tamén constitúe o obxecto da sociedade, sen prexuízo das competencias que corresponden en materia de educación e ensinanzas turísticas ós órganos correspondentes da Administración central e Xunta de Galicia, a creación e o funcionamento dun Centro Superior de Hostalería que levará a cabo as seguintes actividades:

1) Reciclaxe de profesionais do sector turístico.

2) Formación teórica e práctica de alumnos no campo da hostalería, restauración, turismo e actividades complementarias.

3) Organización e xestión de seminarios, conferencias, banquetes, catering e actividades similares.

4) Xestión e explotación de establecementos de hostalería, restauración e bebidas abertos ó público.

5) Actividades de asesoramento e consultaría ó sector turístico.

Creación de dos estatutos da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.: Decreto 198/1991, do 27 de marzo.
Modificación dos estatutos da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.:Decreto 29/2004, do 29 de xanerio.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia. “TURGALICIA” encontrase inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, no Tomo 1095, Folio 158, inscrición 1ª da folla C-5117. Código de identificación fiscal: A-15393754.

O dominio: “www.turgalicia.es” esta inscrito no Rexistro Mercantil da Coruña, no tomo 1.095, Folio 159, inscrición 1ª da folla número C-5117.

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados