15 May

A Xunta promociona o turismo de Galicia entre os operadores turísticos de Brasil, Arxentina e Chile

A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, participará dende onte ata o xoves 17 de maio nas xornadas de promoción directa para os mercados emerxentes de América do Sur, ao obxecto de promocionar a oferta turística galega entre os operadores turísticos máis salientables de Brasil, Arxentina e Chile.

Nesta misión, organizada polo Instituto de Turismo de España, Turespaña, Turgalicia participará en tres xuntanzas de traballo cos operadores turísticos sudamericanos que se celebrarán en Sao Paulo, Bos Aires e Santiago de Chile.

A xira promocional comezou en Sao Paulo o día e rematará en Santiago de Chile.

Programa
O programa iniciouse cun almorzo con xornalistas especializados en Turismo e viaxes en Sao Paulo, ao que lle seguirá a xuntanza de traballo cos principais operadores turísticos brasileiros no Consulado Xeral de España.

Mañá, día 16 de maio celebrarase a xuntanza de traballo cos operadores turísticos arxentinos, no Pazo de San Miguel de Bos Aires. Nesta xuntanza tamén participarán xornalistas arxentinos especializados en Turismo.

Xa, o día 17 de maio, terá lugar o último encontro con operadores turísticos sudamericanos, nunha xuntanza que se desenvolverá no Club de Golf da capital chilena.

Mercados emerxentes
Con esta xira promocional, Turismo de Galicia mantén a súa aposta este ano pola difusión da oferta turística galega nos mercados emerxentes máis interesantes do panorama internacional. Así, Galicia participou ao longo do mes de marzo na feira Moscow International Travel & Tourism, o certame turístico máis importante dos que se celebran en Rusia.

Tamén para o mercado ruso, no mes de xuño, Turgalicia participará nunha misión turística organizada por Turespaña para promocionar o Turismo galego entre os operadores turísticos das cidades rusas máis importantes.

Neste ámbito, a Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, tamén participou a finais do pasado mes de febreiro na feira Guangzhou International Travel Fair (GITF), que constitúe o mercado turístico máis importante do sur de China

15 May

Festa do Carneiro ao Espeto Moraña (Pontevedra)

Festa do Carneiro ao Espeto Moraña (Pontevedra)

Festa do Carneiro ao Espeto Moraña (Pontevedra)

Vellas cancións refírense a Moraña como terra de canteiros e de arrieiros que andaban o camiño da montaña ao mar. Espazos polos que aínda corren en liberdade os cabalos salvaxes que terán a súa rapa das bestas. Riqueza natural aproveitada polos seres humanos desde a prehistoria, segundo se pode comprobar nos restos encontrados e con gran riqueza agrícola e gandeira.

Municipio no que, cada oito de setembro, se venera a Virxe aparecida nunha fonte, en Amil. Esa historia de vila nacida do camiño fai que o último domingo de xullo celebre unha das súas mellores tradicións culinarias, agrarias, rurais, tamén melloradas co traído e levado a eses asentamentos de Hispanoamérica, tan leais a estas tradicións do churrasco e da grella: a Festa do Carneiro ao Espeto segue, amplía e mellora unhas tradicións solidarias que veñen de moi atrás e pasan polo medievo na forma de preparalo. Esencial ao banquete solidario é o viño Salnés, o bo “espadeiro” das ribeiras do Umia, cantado por poetas e que tempera a conversa e o manxar.

View Larger Map

14 May

A Xunta promocionou o turismo de Galicia no País Vasco a través da feira Expovacaciones

A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, promocionou a pasada  fin de semana os recursos e os produtos turísticos de Galicia na feira Expovacaciones, que tivo lugar no centro de congresos e exposicións Bilbao Exhibition Center (BEC), situado na cidade de Barakaldo.

Nesta ocasión, Turgalicia presentou un stand de deseño cunha superficie de 200 metros cadrados no que se difundiu toda a oferta turística de Galicia e o Camiño de Santiago, facendo especial fincapé no mapa Xeodestinos e a marca do Turismo galego, Galicia, gárdasme o segredo? cos seus produtos cabeceira: Camiño de Santiago, Faros e praias salvaxes, Turismo mariñeiro, Paseando entre viñedos, A Ruta da Camelia, Santuarios máxicos, Patrimonio oculto, Mananciais de Galicia, Bosques de Galicia e Lugares únicos.

A feira Expovacaciones é un dos certames turísticos más importantes de España que este ano celebra a súa 33 edición. Este evento rexistra ano tras ano unha notable afluencia de público, que destaca polo seu interese polas novas iniciativas e propostas turísticas.

Turistas vascos
Os vascos supoñen un dos mercados emisores máis importantes para o Turismo galego. Así o ano pasado a Comunidade galega rexistrou 114.630 visitantes do País Vasco que realizaron 298.739 pernoitas en establecementos hoteleiros galegos.

O País Vasco é o sexto mercado nacional máis importante para Galicia logo de Madrid, Cataluña, Castela e León, Andalucía e Asturias.

Canto ao tráfico aéreo, o ano pasado 20.097 vascos se achegaron a Galicia en avión, o que supuxo o 2,7 por cento do total nacional.

10 May

Carnota – Monte Pindo

Monte Pindo

Monte Pindo

Situación
Concellos de Cee, Dumbría, Mazaricos e Carnota, na Coruña.

Superficie
4.628,87 ha., das cales 438 ha de augas mariñas.

Acceso
A estrada C-550, entre Cee e Carnota.

Servizos
Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Máis información
Turismo mariñeiro (www.mardelira.net).

Equipamentos
Centro de Interpretación Paisaxística (A Cabana-Lira).

Outros espazos naturais relacionados / Próximos: 
LIC “Costa da Morte”
LIC “Monte e Lagoa de Louro”

Continuar leyendo »

8 May

A secretaria xeral para o Turismo presentou en Ourense a Xornada de portas abertas das Rutas dos Viños de Galicia

O sábado día 26 de maio, 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe Protexida ofrecen unha visita guiada polas súas instalacións e unha degustación gratuíta. Un total de 31 restaurantes ofrecerán 62 menús enogastronómicos a 25 euros para adultos e menú especial para nenos de ata 12 anos a 10 euros.

A inciativa constitúe a primeira acción do Plan de Turismo Enogastronómico da Xunta de Galicia, que foi aprobado o 3 de maio polo Consello da Xunta. En Ourense, coas D.O. Monterrei, Ribeiro, Ribeira Sacra e Valdeorras, participan na xornada 45 adegas e 17 restaurantes. Ademais, de degustacións e visitas, as xornadas inclúen actividades complementarias.

A secretaria xeral para o Turismo presentou hoxe en Ourense a Xornada de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia. Esta iniciativa, enmarcada no Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia aprobado o día 3 de maio polo Consello da Xunta, ten por obxectivo pór en valor o enoturismo galego como unha nova aposta de calidade na diversificación das actividades turísticas. A estratexia englóbase na creación de produtos turísticos que van a reforzar e dotar de contido a marca turística de Galicia.

Segundo explicou a secretaria xeral, a Xornada de portas abertas das Rutas dos Viños de Galicia consiste nun programa no que “por primeira vez se organiza unha xornada de actividades de enoturismo de maneira simultánea e conxunta nos nosos cinco grandes territorios vitivinícolas”. Entre os obxectivos desta iniciativa figura tamén o de comezar a divulgar o enoturismo e o novo produto cabeceira de marca Paseando entre viñedos entre os galegos porque o turismo interno é moi importante en Galicia.

Un total de 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe galegas ofrecerán unha visita guiada polas súas instalacións e a degustación dos seus viños con carácter gratuíto durante toda a xornada. Ademais, 31 restaurantes adheridos a esta promoción especial ofrecerán 62 menús enogastronómicos diferentes e maridados con viños galegos da D.O.P. na que se atope o restaurante. O prezo final destes menús é de 25 euros todo engadido e poderase escoller o menú que máis agrade. Para os menores de 12 anos haberá menús infantís a 10 euros.

En Ourense acolléronse a esta iniciativa 45 adegas das catro denominacións da provincia e un total de 17 establecementos de restauración.

Ademais  deste programa común para as cinco Rutas dos Viños de Galicia, hai moitas propostas adicionais como visitas guiadas e gratuítas polo casco histórico de Monforte de Lemos ou a Ruta dos Pazos e Xardíns do concello de Vedra; visitas á vila medieval de Ribadavia, ao patrimonio románico da Ribeira Sacra ou do Ribeiro, ao castro de Santa Tegra ou aos viñedos de Amandi en tren turístico. Tamén haberá entradas gratuítas ao Museo do Viño de Cambados, ao centro do viño da Ribeira Sacra e ao Museo enolóxico de Ribadavia así como unha cata xenérica e gratuíta sobre os viños do Ribeiro ou ofertas de especiais de aloxamento e paquetes enoturísticos con empresas especializadas de Valdeorras e O Ribeiro.

Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia

A secretaria xeral para ao Turismo falou tamén durante a presentación da xornada na Cidade das Burgas do Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia. Carmen Pardo quixo resaltar que en Galicia existen un total de 5.298 establecementos de restauración neste ano 2012, 1.574 cafeterías e 21.218 bares. En Galicia existen 841 industrias agroalimentarias e hai 10 restaurantes con Estrella Michelín e 18 distinguidos con Soles Repsol. Contabilízanse na comunidade máis de 300 festas gastronómicas que impulsan o sector turístico e promocionan os produtos con indicación de calidade. A gastronomía é, despois da natureza, a segunda motivación dos turistas para elexir Galicia como destino.

Carmen Pardo quixo resaltar que as cifras de afiliacións á Seguridade Social no sector da restauración medraron das 57.621 rexistradas en 2009 ou as 59.001 rexistradas en 2010 ata as 59.461 rexistradas o ano pasado. Do mesmo xeito, se temos en conta os datos de emprego, extraídos da Enquisa de Poboación Activa de poboación ocupada no Servizo de Comidas e Bebidas, rexístrase unha suba dos 57.425 rexistrados en 2010 aos 58.362 rexistrados o ano pasado.

Pódese consultar toda a información da xornada en www.turgalicia.es Teléfono : +34 902 200 432 | +34 981 542 500 Fax : +34 981 542 659 – e-mail: cir.turgalicia@xunta.es.

8 May

Louxo La Toja

Louxo La Toja

Louxo La Toja

LOUXO LA TOJA

Illa da Toxa.
36991 O Grove, Pontevedra
Tel: 986 730 200. Fax: 986 732 791.
hotel@louxolatoja.com
www.louxolatoja.com 

Numero de cuartos: 116

A súa piscina interior, acoutada por unha cristaleira que o inunda todo de luz natural, deixa asomar o coidado céspede dos xardíns do hotel, tras os que se estenden as marabillosas vistas da ría de Arousa. Cando o tempo acompaña, un dos seus restaurantes permite comer ao aire libre para gozar da paisaxe e, se chove, nada daquela como concentrarse nas es- pecialidades galegas do seu outro restaurante, ou achegarse ao Grove a coñecer algún dos moitos e bos restaurantes que fixeron que esta localidade sexa coñecida como a capital do marisco. Outros alicientes da estadía: os paseos pola ría, o golf e a infinidade de deportes náuticos que practicar na zona, ou unha escapada a Santiago, Pontevedra, Baiona ou A Garda.

Continuar leyendo »

Linguaxe

Búsqueda

Suscripción RSS

Suscribete vía RSS y recibe un correo con todos los posts del día.

© 2011 turgalicia | todos los derechos reservados