Estudos e proxectos
Imagen asociada

O software de xestión hostaleira, deseñada polo IET de Galicia a partir de software libre e compatible con diferentes sistemas, consiste nunha aplicación para a xestión de pequenos establecementos hoteleiros.

 


Se desexa ver o arquivo no formato de OpenDocument necesita descargar o programa.

http://www.libreoffice.org/

 

Se desexa abrir o arquivo con Adobe Reader necesita descargar o programa.

http://get.adobe.com/es/reader/

ESTUDOS E PROXECTOS
Aplicación para a xestión hostaleira

No ano 2012 o extinto Instituto de Estudos Turísticos de Galicia desenvolveu unha aplicación de xestión para os establecementos de aloxamento chamada XesHostal, hoxe obsoleta e sen mantemento. O obxectivo era a mellora do sistema de xestión interna dos pequenos establecementos hostaleiros de toda Galicia a través dunha ferramenta de software libre, que permitiría unha xestión profesional e operativa aos responsables dos pequenos establecementos hoteleiros que careceran de ferramentas tecnolóxicas axeitadas para realizar o seu traballo cotián. Este obxectivo pretendía a introdución de novas tecnoloxías de xestión a través dunha aplicación para pequenos establecementos e a mellora da recollida de información estatística por parte da administración.

Se tes interese en obter o código fonte, o arquivo instalable ou a documentación da mesma, podes solicitala ao seguinte correo: estudos.turismo@xunta.gal