Observatorio turístico

Imagen asociada

A análise da demanda no sector turístico pódese estudar dende varias perspectivas: por unha banda, a contabilización dos visitantes chegados a un lugar e, por outra banda, a análise das motivacións e do perfil destes visitantes.

Nesta sección analízase a situación aeroportuaria de Galicia, tanto cuantitativamente coa análise das cifras de tráfico aportadas por AENA, como cualitativamente co estudo do perfil do viaxeiro.

 


Se desexa ver o arquivo no formato de OpenDocument necesita descargar o programa.

http://www.libreoffice.org/

 

Se desexa abrir o arquivo con Adobe Reader necesita descargar o programa.

http://get.adobe.com/es/reader/

OBSERVATORIO TURíSTICO
Conxuntura aeroportuaria

A Área de estudos e investigación desenvolve dentro do seus programas de investigación o estudo da conxuntura aeroportuaria de Galicia. A posta en marcha desta liña de investigación xorde da necesidade de coñecer con certo detalle unha parte importante da demanda turística de Galicia: o viaxeiro de avión. Os continuos cambios no ámbito da navegación aérea fan necesario o establecemento dunha liña de investigación que, con carácter periódico, aporte información sobre a magnitude e as principais características deste segmento turístico.

A información relativa aos aeroportos de Galicia estrutúrase en base a dúas ópticas diferentes. Unha de carácter cuantitativo, na que se analiza a conxuntura aeroportuaria a partir dos datos de movemento de pasaxeiros facilitados por AENA, e outra de carácter cualitativo, na que se estuda o perfil e comportamento do viaxeiro de avión.

A análise da información do tráfico aeroportuario ofrece datos sobre o volume de pasaxeiros nos aeroportos de Galicia. Analízanse estas cifras e a súa evolución para cada aeroporto tendo en conta diversos factores como o tipo de compañía aérea e o carácter nacional/internacional do voo.